A Consellería do Medio Rural
segue a traballar en favor da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá,
desta vez coa investigación e o estudio das variedades de fabas galegas. A
directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén
do Campo, mantivo un encontro con representantes do consello regulador da IXP,
coa cooperativa produtora desta variedade Terras da Mariña e co investigador do
Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), Antonio de Ron, para
coñecer os avances dos traballos levados a cabo. No encontro tamén estiveron
presentes deputados da provincia de Lugo, Raquel Arias e Daniel Vega.
Na
cita deuse conta das investigacións que dende a Misión Biolóxica de Galicia se
están facendo ao respecto da faba de Lourenzá como un estudio sobre o valor
nutritivo e culinario desta variedade protexida, pero tamén sobre as variedades
de sementes que hai na nosa comunidade.
Medio
centenar de produtores están amparados dentro da IXP Faba de Lourenzá, ademais
de oito almacenistas e envasadores. Calcúlase que se comercializa unha
produción superior aos 9.000 quilos cun valor económico estimado de 84.000
euros.