Galicia
incrementou en máis dun 11% as exportacións a Italia de produtos pesqueiros e
da acuicultura no último ano. Así o anunciou a directora xeral de Pesca
Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, nunha visita que
realizou hoxe á empresa italiana
Acquacoltura Lagunare Marinetta (Almar), dedicada ao cultivo de moluscos -sobre
todo de ameixa e mexillón-, situada ao norte do mar Adriático.
A directora xeral explicou
que, segundo os datos que manexa o Instituto Galego de Estatística (IGE), o ano
pasado aumentaron as exportacións de xeito destacado, pasando de facturar máis
de 55 millóns polas exportacións de produtos pesqueiros e da acuicultura no
2015 a ingresar máis de 61 millóns no 2016. Nesta liña, explicou Mercedes
Rodríguez, “os datos amosan a importancia cada vez maior de Italia como socio
comercial de Galicia”, sinalou.
Así, a directora xeral
salientou que os produtos da pesca e da acuicultura exportados a Italia,
sumados á alimentación en xeral, supuxeron a facturación de máis de 700 millóns
de euros o ano pasado. Destacou a directora que, dende o 2008 aumentaron os
ingresos por exportacións a este país case un 64%.
rarias, persoal investigador e estudantes.
A súa función é optimizar a produción vinícola a través da
investigación e da experimentación, pasando polo asesoramento aos integrantes
dun sector ten estratéxico para a economía de Galicia.