
Na súa meirande parte, os asistentes a esta feira eran orixinarios ou residentes no Reino Unido, un público que pouco a pouco vai coñecendo os viños da comarca de Valdeorras. “Aínda así, puidemos comprobar que unha ampla porcentaxe dos que nos visitaron non tiñan referencias previas dos nosos viños”, sinalou García. Por este motivo, considera “prioritario” seguir desenvolvendo accións de promoción no futuro.
“Nestes días visitounos moita xente nova, de entre 20 e 30 anos, con vinculación profesional directa ao mundo do viño ou ao gastronómico”, destacou o presidente do Consello Regulador. “Todos eles amosaronse moi interesados en coñecer os nosos viños e unha vez os degustaban quedaban gratamente sorprendidos pola súa calidade”, abondou García. “A verdade é que estamos moi satisfeitos coa enorme acollida que o público nos deu estes días en Londres”, concluíu.