Este venres, sábado e domingo, 26, 27 e 28 de maio celebrarase a XX Feira de San Isidro da Milagrosa,no acto de presentación, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, avanzou o cambio de ubicación deste certame con respecto aos anos anteriores, que tiña lugar na Praza Agro do Rolo e nesta edición celebrarse na rúa Divina Pastora, Praza da Milagrosa e rúa Menorca.
A Deputada de Cultura, Pilar García, definiu esta feira como unha cita que reivindica o agro e a artesanía, "un auténtico revulsivo e unha oportunidade para impulsar o comercio". O organismo provincial, a través do Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD), colabora con esta cita achegando exhibicións en vivo de canteiría e de forza ao longo da feira.
O Presidente da Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa, Jesús Vázquez, , quen agradeceu a colaboración do Concello e a implicación persoal da Alcaldesa con esta cita, explicou os detalles desta nova edición da Feira de San Isidro, que concentrará a un cento de expositores e artesáns procedentes de Lugo, da comunidade de Galicia e Portugal. A XX Feira de San Isidro da Milagrosa engloba o Día da Provincia (27 de maio) e este ano como novidade, terá lugar a Festa do Hojaldre, onde a organización conta repartir unhas 500 unidades, que se suma ás degustacións da rosquilla, que se repartirán un milleiro de unidades, e do chourizo á parrilla -1.000 unidades-.
Nestas dúas rúas e na praza a cidadanía poderá adquirir produtos como queixo, viño pan ou mel, entre outros. Nesta cita, que naceu para render homenaxe ás orixes rurais dos e das residentes no barrio, ademais de venda de produtos, tamén haberá degustacións, exhibicións de baile e actuacións musicais. Os actos tamén engloban a entrega dos galardóns José Carballido aos mellores 10 stands da feira.