Últimas entradas para o Festival de Cans

Hoxe ás 19h00 no Torreiro de Cans, o Festival de Cans venderá a últimas entradas para acudir á proxección das curtametraxes a concurso desta edición. O prezo será de 12€ por entrada, tanto na sesión de mañá como na de tarde. 

O lugar de recollida será o posto de merchandising do festival durante o venres e o sábado do evento. Os compradores e compradoras poderán recoller tamén de forma gratuíta nese momento o catálogo con información ampliada de todas as actividades.

Ademais, tamén estarán dispoñibles para todas as persoas que o desexen, entradas simples para actividades individuais como a proxección de Mar de fondo (3€), documental que o director Daniel Guzmán fixo sobre a catástrofe do Prestige; a proxección do filme xuvenil Linko (3€), primeiro filme en combinar imaxe real e 3D en España; o espectáculo de Polo Correo do Vento (3€), que combina debuxo e cinema; o espectáculo infantil musical de O Trío do Acivro (3€); a proxección de Frágil equilibrio con concerto de Uxía (5€) e a escolma de pezas audiovisuais de Radio Océano con actuación da banda (5€).

No caso de estar aínda dispoñibles durante o Festival, as entradas das curtas a concurso poderán mercarse só no posto de merchandising nos días de celebración do certame. As das actuacións e filmes individuais, no posto de merchandasing ata 1 hora e media antes, e no lugar da actuación dende media hora antes do inicio do espectáculo.