A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (APEHL) celebrou en Vilalba a quinta charla informativa do seu ciclo de reunións sobre a normativa vixente que afecta directamente ao sector.
O encontro, que tivo lugar ás 18:00 horas na Casa da Cultura, contou coa presenza de Paloma Vázquez, xefa da Área de Turismo da Xunta de Galicia en Lugo; de Mª José Moreno, tenente adxunto da Compañía de Vilalba; de Mª Flor Rey, concelleira de Servizos Sociais, e do presidente da APEHL, Cheché Real.
O obxectivo da xuntanza foi informar sobre regulamentación como diferenzas entre café-bar, cafeterías e restaurantes; listas de prezos, horario de peche, rexistro de viaxeiros, dereito de admisión, rexistro horario de traballadores, así como da labor que se realiza dende a APEHL e dos servizos que ofrece aos seus asociados.