Ana Villarino no "Foro da Auga" en Madrid

O "Foro da Auga", organizado polo xornal ABC en Madrid contou coa participación da deputada provincial ourensana de Termalismo, Ana Villarino.

Durante a súa intervención  falou das liñas de traballo que está a desenvolver a Deputación de Ourense no termalismo, destacando o papel protagonista que Ourense ten como "a provincia termal", pola súa riqueza, historia, infraestruturas e potencial no ámbito termal. 

No foro, que foi clausurado pola ministra de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, Ana Villariño expuxo entre outros temas a iniciativa proposta polo presidente do goberno provincial, Manuel Baltar: o "Pacto Termal Nacional", que ten como obxectivo promover o valor económico, cultural e de saúde do termalismo en España e aproveitar as oportunidades que ofrece este sector. 

Nesta xornada diferentes expertos e representantes institucionais analizaron e debateron sobre temas como os transvases e a cooperación interterritorial; e a auga como xeradora de riqueza e como fonte de saúde.

www.depourense.es