Os festexos do Arde Lvcvs contarán nesta edición, por primeira vez, con distintas atraccións ecolóxicas infantís realizadas en madeira. Instalaranse na Praza Horta do Seminario e o seu horario mínimo de apertura é o venres dende as 16:00 horas ás 24:00 horas, e sábado e domingo dende as 11:00 ás 14:00 horas, e de 16:00 a 24:00 horaso sábado, e ata as 21:30 horas o domingo. En concreto, os cativos e cativas que se acheguen a estas festas poderán gozar dun barco romano, cadeiras voadoras con pedais, unha noria ou un carrusel.
No que respecta ao Arde Lucus, o Concello e Orange asinaron un convenio para apoiar con 3.500 euros a celebración destes festexos, que arricarán o vindeiro venres ás 16:00 horas coa apertura de portas da Muralla a cargo da Guardia Pretoriana. En total as festas engloban unhas 300 actividades, 40 delas novas con respecto a edicións anteriores.