O Parque
Natural das Fragas do Eume ofrece aos visitantes oito rutas distintas, que permiten
achegarse e gozar de primeira man do patrimonio natural, dos valores ambientais
que fan destes espazos uns lugares únicos e da súa beleza paisaxística.
A
Consellería de Medio Ambiente vén de editar uns folletos informativos con
información específica e relativa a cada un dos seis parques naturais cos que conta
Galicia. Esta é unha das medidas que recolle o Plan de promoción e posta en
valor do Patrimonio Natural, posto en marcha polo actual Goberno; xunto co novo
servizo de atención aos visitantes nos parques naturais de Galicia, cuxo
obxectivo é a concienciación ambiental da sociedade e a divulgación e promoción
do turismo de natureza sostible.
Mosteiro de Monfero |
As Fragas
do Eume, que se estenden por un abrupto val de profundas gargantas, presumen de
ser o bosque atlántico costeiro mellor conservado de Europa e un dos escasísimos
bosques do seu tipo no continente. Abarca un total de 9.125 hectáreas, sendo
declarado Parque Natural, o quinto de Galicia, o 12 de agosto de 1997. En
extensión, é o segundo maior dos parques naturais tras o Xurés (Ourense), de
case 30.000 hectáreas.
Así, no
Parque das Fragas do Eume os visitantes teñen a posibilidade de realizar un
total de 8 rutas, a meirande parte de dificultade baixa, das cales a metade son
circulares, con inicio e fin no mesmo punto, e a outra metade lineais.
No seu
conxunto, os roteiros suman un total de 61 quilómetros, entre as que destaca o
Camiño de Fontardión, cunha lonxitude de 15 quilómetros; tamén é a de maior
percorrido de tempo, xunto co Camiño dos Cerqueiros, xa que se precisan tres
horas para completar o itinerario. Asemade, só tres das oito rutas son aptas
para realizar en bicicleta: Camiño Cumios de Sanguiñedo, Camiño dos Cerqueiros
e Camiño de Pena Fesa.
Asemade, a pegada humana no Parque está
presente en restos prehistóricos, nos monumentos da época medieval (mosteiros
de Caaveiro e Monfero) ou en elementos etnográficos como as curripas que
testemuñan os usos e aproveitamento destes montes ata o s.XX. As vistas desde o
mosteiro de Caaveiro, insignia das Fragas do Eume situado no mesmo corazón do
Parque, e desde os catro miradoiros habilitados en todas as estacións do ano.