Ctrip, a e unha das primeiras do mundo, visitará Galicia este ano para coñecer sobre o terreo os atractivos turísticos da Comunidade galega. Así o acordaron hoxe representantes da empresa coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que mantivo unha reunión con eles en Shanghai, a cidade onde ten a súa sede esta compañía que conta con máis de 250 millóns de usuarios e cuxa app de reservas supera os 2.000 millóns de descargas.
Castro presentou en Ctrip a oferta turística galega, coas singularidades que a distinguen doutros destinos europeos e españois e a fan atractiva ao longo dos 365 días do ano. O Camiño de Santiago, cun interese crecente entre os chineses, ou a gastronomía foron dous dos signos de identidade de Galicia que máis interesaron aos profesionais da axencia. Neste sentido, apuntaron que Galicia pódese converter nun destino cun enorme interese para o público de Ctrip. O obxectivo deste encontro profesional se fundamenta en explorar distintas fórmulas de colaboración para intensificar a chegada de turistas chineses a Galicia.
Pola súa banda, os profesionais de Ctrip expuxeron ante a delegación de Turismo de Galicia as súas liñas de traballo, algunhas de gran interese como o big data, que podería servir de utilidade para o desenvolvemento da Estratexia de turismo de Galicia 2020, na que a aposta pola internacionalización, a innovación e as TICs é un dos obxectivos marcados.