Galicia ten unha oportunidade única para
consolidarse como destino rural de referencia, cun turismo rural que se posicione como oferta diferencial no
ámbito nacional e internacional, que incremente
os seus niveis de ocupación media e complete a súa especialización turística.
Neste sentido, recordou que se trata dun
segmento que acumula tres anos consecutivos de crecemento de demanda que
permiten recuperar e mesmo superar os niveis de anos anteriores e marcar tamén
un máximo histórico con preto de 420.000 pernoitas en 2016 nos case 600
establecementos de turismo rural que ofrecen máis de 7.300 prazas por toda a
xeografía galega.
Ademais, referiuse á boa resposta de experiencias
turísticas asociadas ao medio rural, como o Outono Gastronómico, que mestura a
natureza coa gastronomía; o turismo ornitolóxico; os centros das rutas BTT,
combinando o deporte co medio rural; a ruta da Camelia, a do Viño ou o Bono
Iacobus no Camiño de Santiago, entre outras.