Subimos O Atlántico Express, o tren fletado pola Deputación de Pontevedra e Renfe para a viaxe á cidade portuguesa de Porto, pola campaña de promoción dos Festivais Rías Baixas 2017, que este ano serán 8+1 coa festa final en Cambados.
Tamén se incorporaron un notable grupo de influencers, blogueiros, twitteros e Instagramers procedentes da provincia, doutras cidades como Oviedo ou Barcelona e de Portugal, que se incorporaron ó tren á volta de Porto, e que pasarán este domingo de visita nas Rías Baixas. A presidenta da Deputación, Carmela Silava, sinalou que a aposta polas novas canles de comunicación é un feito. "É un público que interésanos moito. As Redes Sociais están transversalmente unidas a eventos como os Festivais e ó ter nesta viaxe xente que ten tanta repercusión e seguidores e moi importante para a promoción de Rías Baixas"
O Atlántico Express contou coas actuacións en directo dos grupos e solistas Basanta, Tincho Fernán, Najla Shami e Mounqup. Todos eles e elas actuarán este verán nalgún dos Festivais Rías Baixas, Atlantic Fest (A Illa de Arousa), Cultura Quente e Port América (Caldas de Reis), O Marisquiño (Vigo), SinSal Son Estrella Galicia (Illa de San Simón), Son Rías Baixas (Bueu), Revenidas (Vilaxoán) e Vive Nigrán (NIgrán) ademais da festa conxunta que celebrarán en Cambados como peche da campaña por mor do título de Cidade Europea do Viño.
Ademais da música en directo, puidemos desgustar a bordo do tren de productos gastronómicos, tradicionais, orgánicos e ecolóxicos de varias comarcas da provincia como os queixos da Queixería Cobideza que ademais foron servidos pola mestra queixeira Berta González, marmeladas ecolóxicas da man de "Amorodo", roscóns de Caldas e da Guarda e caldos albariños da bodega do Salnés "Pazo de Villarei".