O Arde Lvcvs máis mediático


O Arde Lvcvs protagonizará ao longo desta fin de semana diversos programas especiais en directo realizados por distintos medios de comunicación, tanto en televisión como en radio. En concreto, o sábado retransmitirá, ao longo de dúas horas, de 12:00 a 14:00 horas, e por primeira vez dende estes festexos, Radio Lugo- Cadena Ser, a nivel provincial, dende os soportais da Casa Consistorial. 

O programa Gente Viajera, de Onda Cero, que leva 25 anos en antena, retransmitirá o domingo, tamén en xornada de mañá, neste mesmo emprazamento. Baixo a dirección da xornalista Esther Eiros, Gente Viajera ilusionará con Lugo ás máis de 550.000 persoas oíntes deste espazo referente en información turística. 

A TVG ofrecerá tamén este sábado á tarde unha nova edición do programa Aquí Galicia. As cámaras do programa pasearán polas rúas do casco antigo da cidade, que se enchen de actividades e miles de visitantes. Aquí Galicia contará cun escenario na Praza de Bretaña, que acollerá baile e música tradicinal luguesa.

Os seus espectadores transportaranse á Epoca Rormana e para coñecer mellor a cidade de Lugo visitarán a Muralla e varios xacementos arqueolóxicos e mosaicos, así como o río, a Ponte e as Terma Romanas. O espazo presentado por Lucía Rodríguez, Bernando Montaña e Juan Fuentes, no seu apartado gastronómico, tamén ensinará un menú romano e outro castrexo. 

Así mesmo, os informativos desta cadena tamén se farán eco destes festexos, así como os de V Televisión, que se achegarán mañá venres á Castra de Lvcvs Augvsti.