Un grupo de axentes de viaxes de Holanda e
outro de xornalistas noruegueses visitaron estes días o territorio da
Comunidade galega nunha viaxe organizada por Turismo de Galicia ao obxecto de
difundir os valores turísticos en ambos países.
A visita dos operadores turísticos
holandeses está centrada na gastronomía e os viños de Galicia, de xeito que na
súa estadía visitaron boa parte dos territorios vitivinícolas, así como outros
lugares relacionados coa produción de peixe, carne e outros produtos
gastronómicos senlleiros de Galicia.
Ademais, este grupo holandés de
profesionais do turismo tamén puido coñecer varias adegas de varias
denominacións de orixe e restaurantes de distintas vilas e cidades galegas.
Polo que respecta á demanda, o mercado holandés
presenta un comportamento positivo neste inicio de ano superando nun 6,1% a
cifra de viaxeiros aloxados e nun 3,3% o número de noites do mesmo período de
2016.
Por outra parte, ademais dos operadores
turísticos dos Países Baixos, estes días visitaron Galicia xornalistas e
bloggers procedentes de Noruega, co obxecto de coñecer a oferta turística de
Galicia, e máis concretamente a relacionada co produto Santuarios máxicos.
Na súa estadía na Comunidade galega, os
visitantes noruegueses visitaron distintos lugares relacionados coa cultura
popular galega, tanto na contorna costeira como na do interior.
Polo que respecta á demanda turística, a
cifra de viaxeiros de Noruega aloxados
nos establecementos turísticos da Comunidade galega incrementouse nun 4,8% ao
longo dos catro primeiros meses do ano en relación ao mesmo período de 2015.