A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) fixo públicos os datos de ocupación hoteleira na cidade de Lugo durante esta fin de semana de Arde Lucus, na que se chegou ao 95 % de ocupación.
Os datos corroboran a liña ascendente de negocio nesta fin de semana pois a APEHL confirma que a ocupación do venres foi dun 80 %, similar á de anos anteriores, e que o sábado chegou ao 95 %, o que supón un incremento de cinco puntos con respecto ao ano pasado.
Os hostaleiros consultados sobre este balance coinciden á hora de afirmar que a maioría dos visitantes que estes días fixeron parada na cidade procedían de diferentes partes de Galicia e tamén do resto de España.