Abadía da Cova celebra a festa de presentación do viño rosado Amarante cunha homenaxe ás lendas, sons, aromas e texturas do MIño e da Ribeira Sacra. Nesta festa dos sentidos participará o grupo de folk galego-irlandés Böj, que antes de ofrecer o seu concerto, dará o acompañamento musical as fermosas historias de Anxo Moure, que realizará unha viaxe pola mitoloxía das xacias do Miño, moi vencelladas ao universo emocional de Abadía da Cova e en especial ao seu Rosado Amarante.
Paloma Rodríguez Moure presentará o viño en representación de Adegas Moure e o acto culminará cun maridaxe-degustación a cargo do cociñeiro do restaurante Merenzao Carlos González
Este rosado, copage de mencía e merenzao, ten unha atractiva cor rosa frambuesa de gran intensidade, limpo e brillante. Aromas de froitos vermellos sobre fondo floral, lácteos e caramelo vermello (koyak) moi fresco e especiado, con toques de regalicia e de herbas aromáticas. En boca é sedoso cunha excelente acidez. Tacto graso e sabroso, de gran complexidade.