A IX Festa Popular e o festival musical "Laroucofest" do Concello de Baltar homenaxean este ano á vida sa e a natureza, eventos que se celebrarán o vindeiro 29 de xullo con actividades lúdicas, deportivas e musicais e cun recoñecemento á doutora Olimpia Valencia, primeira médica xinecóloga de Galicia.
Cada ano o municipio de Baltar reinvéntase para sensibilizar sobre a protección da natureza e conxugar ocio, música e deporte, nun programa de actividades que congrega nesta contorna, aos pés da Serra do Larouco, a centos de persoas Xuntos aos xogos populares e ás actividades gastronómicas, que se desenvolven ao longo de toda a xornada, ás 12.00 horas celebrarase o campionato pre-europeo de parapente e, pola tarde, unha exhibición deste deporte e de paramotor.
Xa pola noite, ás 22.00 horas, dará comezo o festival "Laroucofest" coas actuacións dos grupos: "Os da porfía", "Tanto nos ten", "The tetas van" e "Sacha na horta". Finalmente, ás 23.00 horas terá lugar unha proba voluntaria de alcoholemia, "coa quese quere sensibilizar á xuventude sobre as prácticas de ocio saudable, para o cal, aqueles xoves que dean negativo na proba serán agasallados cunha camiseta con lema "Engánchate á vida sa".