Entre o 21 eo 25 de xulio cerca de 1.300 persoas pasaron pola Oficina Municipal de Turismo, unhas 400 persoas máis que as mesmas datas do ano pasado, e máis de 650 con respecto ao 2015.
O día que máis turistas se achegaron á Praza do Campo, preto de 300, atendendo o 63% das persoas visitantes ao mediodía, entre as 12:00 e 14:00 horas, aproximadamente foi o luns 24 . Dos case 1.300 turistas, 1.114 foron visitantes nacionais, o que supón un 87% do total, superando con creces aos turistas galegos. Dentro da comunidade galega, os visitantes máis interesados por Lugo foron os coruñeses, como vén sendo habitual. Polo que respecta a turistas foráneos, achegáronse máis de 150 en catro días, dos cales un 70% son europeos. Tamén visitaron Lugo uns 32 americanos.
E, durante o 21, 22, 23, 24 e 25 pasaron pola rede museística municipal 880 visitantes, sendo a Casa dos Mosaicos o centro que máis interese espertou, con 379 visitas, seguido da Domus do Mitreo, con 283. A maiores hai que sumarlle as numerosas visitas ao centro cultural do Vello Cárcere.