Máis de 300 alumnos do Centro Superior de
Hostelería de Galicia (CSHG) realizan este verán prácticas en prestixiosos
establecementos hoteleiros e restaurantes de preto de 20 países de Europa, Asia
e América. A maioría deles son estudantes de entre 18 e 24 anos que aprenderán
a desenvolverse como directivos, membros de distintos departamentos e
cociñeiros por un período mínimo de tres meses.
O plan de estudos do CSHG inclúe e xestiona
estas prácticas cada ano ao ser unha materia máis das impartidas no seu centro
en Santiago de Compostela. Os alumnos que se atopan no último ano de estudos de
dirección hoteleira poderán ampliar ata seis meses ou un ano as prácticas.
Neste tempo, traballarán como adxuntos á dirección de hotel ou nos equipos de
Alimentos e Bebida, Aloxamento, Marketing e Promoción, Reveneu
Management...
Nesta ocasión, os alumnos de CSHG continúan a
súa formación en Indonesia, Vietnam, Panamá, Arxentina, Estados Unidos, México,
República Dominicana, Portugal, Reino Unido, Francia, Italia, Alemaña, Holanda,
Bélxica, Hungría, Noruega e República Checa, ademais de España. Para moitos
deles, esta supón a súa primeira experiencia laboral.
Os mozos intégranse en hoteis independentes e
tamén en hoteis de cadeas como Marriot, Meliá, NH, Accor o Palladium, entre
outros moitos. Ademais, os da rama de restauración formaranse en prestixiosos
restaurantes, 13 dos cales contan con Estrela Michelin. É o caso do Azurmendi,
con tres Estrelas Michelin; Moments, Cenador de Amós, DStage ou Casa Marcial,
todo eles con dous Estrelas Michelin; e Monastrell, Angle, Restaurante Zuberoa,
Restaurante Jardín, Restaurante Kokotxa e os galegos Árbore da Veira (na
Coruña), Casa Marcelo (en Santiago) e o Retiro da Costiña (en Santa Comba),
cunha Estrela Michelin.