Martiño Noriega presentndo Compostela É! Música |
Por alí pasarán artistas e grupos de Santiago encadrados en moi distintos estilos musicais. Así, o 25 será a vez da Orquestra Xuvenil de Estudio dirixida por José Nine; o 26 de Falúa, e o 27 de xullo de Xosé Constenla e Os Desbadados. O 28 de xullo pasará polo escenario Kelibén, o 29 farao o grupo de pop-indie Esposa, e o 30 Nastasia Zürcher. A última xornada do escenario Compostela É! Músicaserá para The Funkles e as súas particulares versións dos temas dos Beatles. Todos os concertos serán ás 23:00 horas, salvo o do día 31, que comezará ás 24:00 horas.
Ademais, o Concello botou man do censo Compostela É! Música para programar parte das sesións vermú do Apóstolo, que se celebrarán na praza de Cervantes ás 13:30 horas.
Tamén vinculado ao proxecto Compostela É! Música, o 26 de xuño celebrarase o Jam Martiño Pinario. Trátase dun programa que inclúe charlas, actividades para nenos e nenas, e tamén música en directo con artistas de Santiago. Desta vez participarán The Fabulous Resaca Brothers e Balkin´Blues Band. Haberá tamén unha Jam Session, na que poden participar os grupos que o desexen.