
O día 29 de xullo terá lugar a celebración da "Noite Celta", na que actuarán os gaiteiros alemás con Marco Foxo, e tamén participarán as Cantareiras da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e a Real Xuvenil.
Trala celebración da "Noite Celta", o sábado ás 22.00 horas, o domingo 30 de xullo terá lugar a celebración do certame, entre as 11.00 e ás 13.00 horas, coas actuacións das bandas de gaitas de Vilariño de Conso, Flariz, Preparatorio, Concello de Riós, Ladies Band e Municipal de Chantada, para seguir coa exhibición do Folión de Buxán (O Bolo), a actuación dunha representación do Centro Galicia de Ponferrada, a actuación de Liesa e Ulrich Künzelmann e o concurso de gaiteiros solistas, rematando coas actuacións das bandas de Monforte de Lemos e a Real Xuvenil.
Posteriormente, a partires das 13.20 horas, terá lugar unha ofrenda floral na memoria de Gabino García, acompañada pola Banda de gaitas do Concello de Manzaneda, para seguir coa entrega de medallas e a actuación conxunta de todos os gaiteiros e bandas participantes.