A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o presidente da Asociación Provincial de Hostalería, Cheché Real, achegáronse ata o Restaurante Colón, situado en Nadela, onde o seu propietario, Santi Almuiña, presentou a tapa coa que concorrerá ao XIII Concurso de Tapas de Lugo, co que colabora o Concello.
O certame deste ano, que terá lugar do 1 ao 17 de setembro, contará cunha final a fin de semana do 22, 23 e 24 do mesmo mes. Os 40 establecementos participantes terán a disposición dos seus clientes unhas huchas doadas polo C.D.R.O. Ribeira Sacra, cuxa recadación será destinada ao Banco de Alimentos de Lugo.