O obxectivo principal da publicación sobre o templo da Virxe Peregrina que edita o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra è poñer en valor un elemento patrimonial de referencia na cidade de Pontevedra, que ademais foi declarado Ben de Interese Cultural no ano 2011, é Trátase dun libro da autoría de Roberto Taboada Rivadulla e que inclúe unha importante selección de documentos gráficos, na súa maioría procedentes dos fondos da colección particular do autor. Esta publicación será presentada o vindeiro martes, 29 de agosto, ás 20 horas no Arquivo provincial.
Desde que se creara a primeira capela dedicada á Virxe Peregrina ata a actualidade, o autor segue os avatares históricos do templo desde diversas perspectivas. Comeza co nacemento do culto á Virxe por parte de dúas irmandades diferentes e o traballo que realizan para construír tanto a actual igrexa, como as imaxes da virxe, a realización do retablo, ou as modificacións que foi sufrindo o atrio principal ao longo dos anos. Tamén dedica un capítulo ao momento no que se substitúen as festas patronais de Pontevedra dedicadas á Virxe da O -18 de decembro-, polas festas dedicadas á Nosa Señora do Refuxio a Divina Peregrina, no segundo domingo de agosto.
Toda a historia recollida na publicación está ilustrada cunha ampla selección de fotografías, na súa maioría pertencentes ao arquivo particular de Roberto Taboada. Tamén se inclúen imaxes cedidas polo Centro Portugués de Fotografía, polo arquivo gráfico do Museo de Pontevedra, e por medios de comunicación da cidade. Contén, por exemplo, unha selección de postais do santuario a través das que se pode ver a evolución urbanística da contorna, ou unha importante colección de cartaces das Festas da Peregrina –o primeiro data do ano 1969-. Tamén inclúe un capítulo no que se documentan graficamente as obras e reformas da igrexa, e dous máis que recollen toda unha colección de esculturas da imaxe da Virxe, ou a propia imaxe vestida cos deus diferentes mantos.

f_depo.es