Un total de 44 establecementos turísticos (43 hoteis, restaurantes e casas rurais e o porto deportivo de Sanxenxo) recibiron os diplomas do selo Galicia Calidade, un certificado de garantía que acredita xa máis de 300 produtos de máis de 100 empresas de diferentes sectores produtivos galegos. Cuando hace dos años se firmaba este acuerdo de extensión de uso de la Marca Galicia Calidade, 10 eran los establecimientos que se ponían como meta. Hoy son 44 los asociados, una cifra que se eguirá incrementándose en los próximos años.
O acto de entrega tivo lugar na Cidade da Cultura, presidido polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, quen salientou que Galicia Calidade permite poñer en valor a oferta turística da comunidade a través dunha marca propia que distingue “o que nos fai diferentes”.
Conde, que participou, xunto coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, na entrega de diplomas destacou que Galicia Calidade é tamén agora é un valor engadido do turismo galego, reforzando certificados estatais como a Q de calidade, coa que contan xa 282 establecementos galegos.
Conde subliñou ademais que esta marca avala o servizo e a atención que recibe o viaxeiro, e é ao mesmo tempo unha garantía de que moitos dos produtos xa amparados baixo as Denominacións de Orixe Galega e as Indicacións Xeográficas Protexidas están na carta das empresas recoñecidas con esta certificación, establecendo sinerxías co turismo, un sector estratéxico que representa o 11% do PIB galego e o 12% do emprego.
Pola súa banda, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, felicitou ás empresas recoñecidas hoxe porque, como dixo, con este distintivo “demostran que a calidade non é só un obxectivo final, senón un xeito de traballar”. Aspecto compartido coa filosofía da Estratexia do turismo de Galicia 2020, o documento elaborado man a man co sector que senta as bases do turismo galego para os vindeiros anos, baseado na excelencia, responsabilidade, sustentabilidade e internacionalización.