HILO DIRECTO con Xosé Lois Llamazares, coordinador xeral de Galletas Daveiga


As galletas mariñeiras de Daveiga foron recoñecidas polo Financial Times como unha das 1.000 compañías que máis medraban en Europa. Falamos co seu coordinador xeral, Xosé Lois, sobre a distribución deste producto e os seus plans para o futuro.


¿Qué supuxo a inclusión neste listado do Financial Times?

Estar ahí é importante porque nos da visibilidade pero non deixa de ser unha estadística. Estes anos sí que é verdade que estamos cun proceso de crecemento importante e de consolidación dun proxecto.


¿En qué mercados se está vendendo a vosa produción?

Os nosos mercados principales son Portugal, Galicia e en menor medida o resto do estado. O crecemento vén por eses tres mercados. Aparte de Portugal tamén estamos vendendo en Reino Unido, de momento de forma menos significativa, e estamos facendo un traballo importante de prospección de mercados a nivel da Unión Europea.

¿Como vedes a aceptación do producto, gustan as mariñeiras no estranxeiro?

A aceptación é boa, o que pasa é que son mercados diferentes, con hábitos diferentes e incluso moi proteccionistas. Naqueles productos nos que xa teñen proveedores non é fácil entrar.

Máis alá da chegada a novos mercados, este ano inaugurástedes a liña ecolóxica. ¿Contemplades a posibilide de que aparezan novos productos?

A nosa é unha empresa monoproducto, centrámonos na elaboración dese concepto de galleta mariñeira. A liña ecolóxica responde ao crecemento que está tendo este sector, é unha maneira de aproveitar eso e ao mesmo tempo sumar referencias ao noso portfolio comercial.