
Precisamente, da promoción da riqueza termal
ourensá falou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, no acto inaugural da feira
"Termatalia" subliñando a importancia de contar co certame de termalismo
"máis importante do mundo, Termatalia, que se organiza en Ourense", e
onde definiu a esta feira -con representación de 40 países-, como unha
verdadeira "ONU termal", que se celebra na provincia con maior
potencial en termalismo de Europa: Ourense".
O presidente provincial tivo ao comezo do seu
discurso palabras de apoio para o pobo de México, "ao lle enviamos todo
noso afecto e solidariedade", pola traxedia sufrida co terremoto do pasado
martes, e remarcou a importancia "de seguir promovendo a nosa riqueza
termal, nos ámbitos do turismo, o ocio e a saúde, como vimos facendo desde o
goberno provincial co desenvolvemento, en 2014, conxuntamente coa Xunta de
Galicia, do Plan "Ourense, a provincia termal" que está executado
nestes momentos ao 60 % e que supuxo novas infraestruturas termais, programas
de termalismo, promoción termal e iniciativas como a que será realidade en 2018
coa apertura do balneario de Berán, ao que hai que engadir a colaboración co
Goberno de España para levar a cabo accións de difusión do termalismo".