O V Festival Galego de Cultura Xorda que organizan a Asociación de Personas Sordas de Lugo (ASORLU) e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), coa colaboración da Deputación e do Concello de Lugo, contará cunha exposición permanente de artistas xordos de toda Galicia.
Ao longo da xornada participarán integrantes de distintas asociacións de todo o territorio galego en diferentes disciplinas: Asociación de Sordos de Vigo (ASV), Asociación de Personas Sordas de Ourense (APSOU), Asociación de Personas Sordas de A Coruña (ASPESOR), Asociación de Persoas Xordas de Ferrol (AXF), Asociación de Personas Sordas de Santiago de Compostela (APSSC), Asociación Persoas Xordas de Pontevedra (APXP).
Trátase dunha iniciativa que dende hai 5 anos promove a FAXPG e que, por 1ª vez, acolle Lugo grazas á colaboración que Deputación e Concello lucense prestan a ASORLU. Terá lugar este sábado, 21 de outubro, no auditorio Gustavo Freire, na capital da provincia.
Prevese a asistencia de 300 persoas de toda a comunidade. Participarán artistas das distintas asociacións galegas de dita Federación. Haberá exposicións de pintura, teatro, certames de poesía, curtametraxes, monólogos....O seu obxectivo é recoñecer e pór en valor o traballo que realizan as persoas xordas no eido cultural, amosando que non hai barreiras.
Asisitiron a presentción a Deputada de Promoción Económica e Social, Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, e a Concelleira de Benestar Social, Ana González Abelleira, xunto á Vicepresidenta da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, Jovita Fernández, e ao representante da Asociación de Persoas Xordas de Lugo, Alberto Mejuto.
f_ deputacionlugo.org