Buscando reforzar a autenticidade dos seus produtos, a confianza dos consumidores e o apoio a Galicia, LARSA presenta o seu Leite de Pastoreo, procedente de vacas que pastan en liberdade durante un mínimo de 6 horas ao día durante 120 días ao ano, ou 720 horas ao ano durante 120 días ao ano, o que fai que todo o leite LARSA estea avalado co certificado SGS, entidade líder mundial en inspección, verificación, ensaios e certificación. Ademais, a alimentación natural de pastos galegos fai que o novo leite de pastoreo teña o mellor sabor e a calidade de sempre.
Este mes poderemos atopar nos lineais dos puntos de venda o leite LARSA de pastoreo cun novo envase e nas súas variedades de enteiro, semidesnatado e desnatado. Nos vindeiros meses e, por primeira vez no mercado, LARSA lanzará o seu leite de Pastoreo sen lactosa en dúas variedades: semidesnatado e desnatado. Este lanzamento irá acompañado dun importante plan de comunicación en prensa, radio, tv, autobuses, paneis e medios on line.
Con motivo deste lanzamento, a conselleira do Medio Rural da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez, o alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo, e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asistiron á presentación da nova aposta da compañía e déronlle a saída a un camión de LARSA Leite de Pastoreo con algunhas das primeiras unidades que partiron da Factoría de Outeiro de Rei (Lugo).
LARSA leva máis de 85 anos á beira dos galegos, comprometida co sector primario e recollendo máis de 400 millóns de litros avalados polo selo «Galega 100%». Ademais, é a única marca láctea xeneralista galega que lles ofrece aos seus consumidores una variedade completa de leite, iogures, queixo, nata, manteiga e sobremesas baixo o paraugas da calidade e a tradición, respectando a orixe e a contorna.