IV Xornadas de Patrimonio Accesible en Lugo

As cuartas xornadas de Patrimonio Accesible teñen como finalidade concienciar á cidadanía da importancia da accesibilidade nos museos. Celebraranse o martes, 1 de decembro, de 16:00 a 20:00 horas, no Museo Provincial de Lugo, co apoio do Concello e a Deputación de Lugo.

A presentación correu a cargo da Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleria, o voceiro de accesibilidade de AUXILIA, Aquilino González, e a delegada de Auxilia Lugo, Nuria Neira. 

Como en anos anteriores, a entidade local colabora nesta xornada con AUXILIA, colectivo ao que a edil lle agradeceu o seu labor. "Asociacións como Auxilia fan a vida máis fácil a toda a sociedade, axudando, neste caso, a que o patrimonio cultural poida ser máis accesible, promovendo ao mesmo tempo a Lugo como destino turístico accesible". O Goberno de Lugo mantén unha estreita colaboración con este colectivo, que se articula, principalmente, a través do Gabinete Municipal de Accesibilidade.

Aquilino González agradeceu a colaboración do Concello e da Deputación, repasou a programación das xornadas, que estarán centradas na accesibilidade nos museos, non tanto física, senón máis ben enfocada a outro tipo de diversidades como son a auditiva, intelectual ou visual.