O Café Vanessa, coa tapa Sopa de almendra tostada, espuma de foie y perlas de Pedro Ximénez, foi o gañador do VII Tapéate celebrado do de 3 ao 12 de novembro e organizado polo Concello de Ferrol, a través da Sociedade Mixta de Turismo, en colaboración coa Asociación de Empresarios de Hostalaría de Ferrol.

De acordo aos cálculos feitos polos hostaleiros, nesta edición 2017 se serviron preto de 7.000 tapas nos 10 días do Tapéate e se bateron tanto os récords de participación dos locais (31) como de asistencia.
No VII Tapéate participan 31 establecementos hostaleiros de A Magdalena, Pardo Baixo, Ferrol Vello, Esteiro, Rúa Nova de Caranza, Estrada de Catabois, -11 mais que na edición do 2016- que durante os 10 días, ofreceron unha tapa singular, orixinal e traballada, aos seus clientes a un prezo fixo de 2 euros por tapa.