
A proposta, adxudicada á firma Arias Infraestruturas por 7,162 millóns de euros, supón, en palabras do primeiro edil, "unha obra máis que relevante para a cidade, porque significa darlle unha nova imaxe ao que xa é un edificio icónico, no que vai ser o estadio do século XXI". "O estadio de Riazor é un dos símbolos da Coruña e esta obra vai permitir solucionar o problema estrutural das cubertas, e ao mesmo tempo, mellorar un equipamento urbano con gran valor funcional que se sitúa no centro da Coruña, o que consideramos que é, fronte a outros modelos, un valor que servirá para proxectar a imaxe da cidade no exterior".