Uns mil exemplares de Capón de Vilalba, dos 1.800 censados, serán vendidos estes xoves na tradicional Feira do Capón, que se celebra na capital da Terra Chá. Este esclusivo manxar estrea este ano Indicación Xeográfica Protexida (IXP) tras o visto e prace de Bruxelas.
Culmínase así un traballo de varios anos compartido polo Concello de Vilalba, a Asociación de Criadores e a Consellería do Medio Rural, cuxos técnicos están a recoller datos de produción nas distintas explotacións familiares para ver artellas o programa de control da normativa específica que regula a IXP.

A Feira do Capón, con case 200 anos de historia, celébrase este xoves 21 de decembro en Vilalba e irá acompañada dunhas xornadas gastronómicas, con tapas de capón que se servirán do 20 ao 23 de decembro en establecementos da capital da Terra Chá.