Tendo en conta que a cifra de turistas que visitaron o pazo de Oca ao finalizar o mes de novembro foi de máis de 22.450 persoas, este ano superará con fartura os 22.500 visitantes. Este número de turistas é o máis alto do últimos tres anos, superando en 3.000 os alcanzados o ano anterior en 2016, cando chegaron aos 19.260 visitantes. Pola súa banda, en 2015, foron 18.500 as persoas que recibiu este pazo localizado en Oca, A Estrada, ao norte da provincia.
Este incremento pode deberse a varios factores, como o aumento de turistas á provincia de Pontevedra, a extensión deste turismo cara ao interior da provincia, o bo tempo das últimas tempadas ou a publicidade ou programas desenvolvidos para dar a coñecer o patrimonio galego.
De xestión privada, pola Fundación Casa Ducal de Medinaceli, o pazo pódese visitar diariamente desde as 9 da mañá. Os luns é gratuíto ata as 12:30 da mañá e existen descontos para grupos. Ademais, existen visitas guiadas.
f_ turismoriasbaixas.com