
O proxecto da Vía Verde xurdiu en 2008, implicando os municipios de Santiago, Ordes e Oroso. O Goberno compostelán recuperouno neste mandato incorporando os concellos de Tordoia e Cerceda, de xeito que o itinerario verde terá unha extensión de 36,5 quilómetros. Deles, dez quilómetros discorren polo termo municipal de Santiago.
O acordo foi asinado polo presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e os alcaldes de Santiago, Martiño Noriega; Oroso, Manuel Mirás; Ordes, José Luís Martínez; Tordoia, Antonio Pereira, e Cerceda, José García Liñares.