Entre o 31 de xaneiro e o 4 de febreiro, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico ofrecélle ao visitante máis de 200 actividades para “vivir a experiencia Xantar” dende unha perspectiva saudable e sostible. Expourense convértese no epicentro da enogastronomía e o turismo reunindo a 273 expositores e con 12 países representados (España, Portugal, Panamá, Costa Rica, México, Ecuador, Paraguai, Francia, Perú, Cuba, Arxentina e Estados Unidos). Por quinto ano consecutivo, Xantar volver ser a única feira internacional de turismo gastronómico de España.
Xantar 2018 foi presentado esta mañánun acto no que estiveron presentes representantes das entidades públicas que fan posible este evento. O director do Salón, Alejandro Rubín, foi o encargado que de dar os datos da feira, que se consolida como un gran exemplo de cooperación público-privada, comentando que as expectativas son moi altas e que o obxectivo é bater o récord de visitas. estacou para isto tres datos: “100% da superficie cuberta, 273 expositores e unha actividade distinta cada 15 minutos de feira”.
Presentación de Xantar |
O programa de actividades de Xantar 2018 inclúe conferencias de expertos, exhibición sde cociña en directo, ademais de catas comentadas e degustacións incluídas no “XIII Encontro Internacional sobre Gastronomía Sostible e Saudable”. En total, unha media de 4 actividades por cada hora de celebración do salón. Os showcookings, máis de 50, contarán coa participación de prestixiosos chefs de 6 países.
O programa complétase con actividades paralelas como o V Encontro de Bloggers Gastronómicos e Turísticos no que participan máis de 20 blogueirosde Galicia, Madrid e Portugal ou o XIV Encontro Internacional de Confrarías que reunirá a 42 entidades de 5 países.
Xantar 2018 contará tamén cun amplo programa de actos especiais como a Noite do Deporte, a Panameña, a do Comercio ou a Noite de Bailes Latinos. Todos os días ás 12.30h. haberá un acto oficial no que se celebra o día adicado a distintos destinos e entidades estreitamente vencellados co salón.
Xantar 2018 contará con Portugal como gran protagonista que presentará omellor dasúa gastronomía a través de catro restaurantes (Braga, Ponte de Lima, Vila Real e Azores) e de numerosos showcookings, catas comentadas e degustacións, ademais de actuaciónsmusicais e folclore.
Nesta edición do Salón participan 15 restaurantes procedentes de Galicia, Castela e León e de varias rexións turísticas de Portugal, ademais de Panamá, que repite experiencia logo de ter participado como convidado na anterior edición. En total, ofrécense 20 menús con prezos comprendidos entre os 14 e os 30 euros. E entre as novidades destaca o restaurante temático de Azores, que ofrecerá un menú que representa a última cena doTitanic, servida o 14 de abril de 1912.