A conselleira de Medio Rural nunha visita á instalación |
Frigoríficos Bandeira (Silleda, Pontevedra), matadoiro especializado en vacún maior, procesou o pasado ano ano unhas 1.200 reses á semana, concluíndo o exercicio con preto de 60.000 exemplares sacrificados. Deste xeito, a empresa acadou en 2017 unha facturación de 56 millóns de euros, un 16% máis que o ano anterior.
A firma, creada no 1984 por José e Avelino Cochón, abastécese fundamentalmente de gando vacún nado e criado en Galicia, Asturias e norte de Portugal. Na actualidade, a empresa conta con 75 traballadores directos, que se reparten entre as instalacións de Bandeira e Madrid. En Madrid, Frigoríficos Bandeira reforzou a súa presenza no 2015, cun investimento de 1 millón de euros e un espazo propio en Mercamadrid de 1.000 metros cadrados.