Co fin de fomentar prácticas responsables en torno á reciclaxe de plásticos, envases lixeiros, papel e cartón, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, en colaboración con Ecoembes, levará a campaña Separar con xeito a 350 feiras e eventos gastroculturais.
O punto de partida desta iniciativa será a Feira Xantar sobre turismo sostible galego. Dende a páxina web (www.separarconxeito.com) se pode consultar o calendario no que se recollen todos os eventos nos que terán lugar esta acción e a súa ubicación, así como consellos para reciclar.
Trata de promover a economía circular a través da reciclaxe de envases e concienciar aos asistentes a este tipo de eventos sobre a importancia da reciclaxe dos envases que se depositan no colector amarelo (envases de plástico, latas e briks) e o contedor azul (envases de papel e cartón) para o coidado do medio ambiente.
Ademais de instalarse puntos de reciclaxe para facilitar a correcta separación de residuos que se poidan xerar, realizaranse actividades formativas para que os asistentes coñezan o xeito máis axeitado para facer unha correcta separación dos residuos.
En 2016, recicláronse máis de 1,3 millóns de toneladas de envases lixeiros e envases de cartón e papel en todo o territorio nacional, acadando unha taxa de reciclado de 76%. Gracias a esta porcentaxe, obtivéronse numerosos beneficios ambientais, como evitar a emisión dun millón de CO2 á atmosfera ou aforrar sete millóns de MWh, é dicir, o equivalente ao consumo eléctrico anual de máis de 700.000 fogares españois ou a aforrar 20,1 millóns de m3 de auga.
f_ xunta.gal