Organizada pola Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua de Lugo, que dirixe Carmen Basadre, a XVIII Mostra de Teatro Clásico de Lugo, arrinca este xoves, 1 de febreiro, con La Comedia de las Mentiras. A partir das 20:30 horas e ao longo de 120 minutos, o Auditorio Municipal Gustavo Freire será testemuña da obra de Plauto, que serve para confeccionar unha divertida historia de enredo, dirixida por Pep Antón Gómez, e que protagonizan actores da talla de Pepón Nieto, María Barranco, Canco Rodríguez, Paco Tous e Angy Fernández.
Esta é unha versión da famosa comedia de Willian Shakespeare, realizada a a partir da adaptación de Marco Layera, coa dirección de Marta Pazos, na que se siguen as aventuras e desventuras de Hipólita e Leónidas, irmáns dispostos a mentir para poder vivir os seus respectivos amores, incluído o seu estrito pai. Nunha das viaxes de seu pai, onde quedan ao coidado da súa tía, terán lugar distintos acontecementos que deben coñecer as persoas espectadoras. Carmen Basadre convidou ao pobo lucense e a todos os que se queiran achegar a gozar con esta comedia sobre o amor, a dor, a paixón, os encontros, os desencontros e o poder.
O domingo, 4 de febreiro, tamén ás 20:30 horas, esta mostra continuará con La Judía de Toleo, de Lope de Vega, coa Compañía Nacional de Teatro Clásico en coprodución con Micomicón Teatro e A Priori Gestión Cultural. Trátase dun drama político onde os homes de poder compórtanse de maneira recoñecible en moitas actitudes que podemos ver hoxe. Este texto encerra moitas preguntas que á compañía lle gustaría que quedaran no ambiente cando o espectador saia do teatro. Hai neste texto espléndido un espectáculo cheo de lecturas complexas, momentos desconcertantes, deslumbrantes de beleza, inquietantes.
Se poden adquirir entradas na web www.entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo e no propio auditorio unha hora antes do comezo da representación. O prezo é de 10 euros na zona A e 8 euros na B, cun desconto do 20% para persoas en paro, menores de 30 anos, pensionistas e integrantes da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. O bono custa 35 euros e está dispoñible ata hoxe martes, 30 de xaneiro.
f_ lugo.gal