O Diario Oficial de Galicia (DOG) acaba de publicar tres resolucións da Consellería do Medio Rural polas que se dá conta das
subvencións concedidas no 2017 para impulsar a calidade dos produtos
agroalimentarios galegos e facer promoción deles nos diferentes mercados.
En conxunto, esta consellería destinou o pasado ano máis de 3,6 millóns de euros a esta finalidade.
Deles, case 2,9 millóns serviron para apoiar a diferentes agrupacións de
produtores (28 en total) para a realización de actividades de información e
promoción destes produtos con calidade diferenciada.
Outros 480.000 euros financiaron os gastos de
funcionamento dos diferentes consellos reguladores das denominacións e
indicacións xeográficas protexidas da nosa comunidade e, por último, 300.000
euros máis dedicáronse a sufragar programas de calidade desenvolvidos por estas
mesmas entidades.
Con estes fondos, a Xunta fomenta a calidade
das producións agroalimentarias galegas e favorece, así mesmo, a realización
dos necesarios controis que garanten esa excelencia. Por outra banda,
colabórase cos diferentes consellos reguladores no seu labor de fomento e
promoción de toda esta riqueza.
Os enlaces ás tres resolucións son os
seguintes:
Axudas aos consellos reguladores para gastos
de funcionamento:
Axudas para programas de calidade:
Axudas para actividades de información e
promoción: