O GDR Ulla Tambre Mandeo organiza un Curso de Elaboración de Derivados Lácteos Distintos do Queixo. Dará comezo o día 26 de febreiro no concello coruñés de Touro e nel impartirase formación teórica e práctica para elaborar nata, manteiga, kéfir, batidos, crema tipo petit suisse, requeixo….
Para inscribirse neste curso, que ten unha duración de oito días, hai que chamar ó GDR, 981 511 377 ou ben escribir un correo electrónico a leader@gdrullatambremandeo.gal
Para aquelas persoas asistentes ó curso que estean interesadas, tamén programarase, fóra xa das actividades do curso, unha xornada formativa na Aula de Produtos Lácteos de Lugo, da Universidade de Santiago. Se ben o curso é gratuíto, esta xornada de formación na Aula de Produtos Lácteos terá que ser aboada polos alumnos que queiran asistir, sendo o GDR un mero intermediario para a organización da xornada.