
A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo quixo coñecer de primeira man o traballo dos estudantes e comprobar os pratos que deseñaron con esta carne amparada por unha Indicación Xeográfica Protexida.
Aproveitou a súa presenza para felicitar e agradecerlles a estes mozos a súa aposta por un produto tan noso como a tenreira galega e animounos a seguir apostando polos alimentos de calidade certificada no seu futuro profesional.
Tamén a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, se achegou para coñecer de primeira man esta iniciativa, ao igual que o fixo o pasado luns o presidente do consello regulador, Jesús González, para ofrecer o seu apoio aos promotores desta iniciativa.
Como parte da súa formación, o Centro Superior de Hostelería de Galicia traspasa cada ano o seu restaurante aos alumnos de último curso. Trátase dunha iniciativa única a nivel estatal xa que supón ceder temporalmente a xestión dun negocio real (provedores, conformación do menú, cociña, servizo...) aos estudantes.