O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, presentou a XXXI edición da Festa da Ostra que se celebrará en Arcade os días 1 e 2 de abril e que este ano presenta como novidade os “produtos da nosa lonxa” (ameixas, anguía,etc) que acompañarán ás tradicionais ostras ao natural, en escabeche, empanada, etc.
O prezo das ostras ao natural será de 7 euros a a ducia, a empanada de ostras e as ostras en escabeche terán un prezo de 6 euros por racióne o viño Ribeiro a 4 € e o Albariño, Rías Baixas e de Soutomaior, a 8 €.
As casetas de venda de ostras abrirán o sábado ás 12 do mediodía e o domingo ás 12. E o sábado0 pola noite grande verbena coas orquestras Xacobeo e Paris de Noia.
A presentación das festa tivo lugar nas instalacións do Obradoiro de Hostaleria “Verdugo” onde 20 veciños e veciñas do Concello de Soutomaior reciben formación de emprego e que conta con dúas especialidades: a de operacións básicas de cociña e servizos de restaurante e bar.
No acto participou Agustín Reguera, a Concelleira de Turismo, Dolores Cernadas, a patroa Maior da Confraría de Arcade, Rita Miguez, e o escultor Marcos Mariño,