O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, acudiu a unha recepción coa Súa Maxestade o Rei Felipe VI como membro do comité executivo da Federación Española de Hostalería (FEHR) con motivo do seu 40 aniversario.
Durante a mesma, fíxoselle entrega da Insignia de Ouro da Federación como mostra de agradecemento á súa contribución no fomento e promoción da actividade hostaleira no país e Cheché Real aproveitou a ocasión para entregarlle unha placa de Sargadelos co lema ...E para comer, Lugo e un exemplar da última edición da guía turística da provincia.