Antón Fraguas |
A Feira do Viño de Chantada celébrese este fin de semana na citada localidade luguesa, Municipio de Interés Turístico, coa partipación das adegas desta subzona da D.O. Ribeira Sacra. A cata oficial desta trixésimo sexta edición do certame celebrarse o domingo ao mediodía.
Este certame viicola naceu no ano 1983, no que se celebrou a súa primeira edición, respondendo ó espírito de cambio que xurdiu no sector vitivinícola do sur da provincia de Lugo.
Este certame viicola naceu no ano 1983, no que se celebrou a súa primeira edición, respondendo ó espírito de cambio que xurdiu no sector vitivinícola do sur da provincia de Lugo.
O pregoeiuo daquela prineria edición da festa báuica máis madrugadora foi o cotobadense, ilustre catedrático e director do Museo do Pobo Galego, Antón Fraguas.
Despois duns primeiros anos de incerteza sobre o seu futuro, aséntase como unha das feiras máis importantes da provincia, ata que na última metade da década dos anos noventa, xorde o seu despegue definitivo.
"Nesta Feira, conxúgase de maneira tradicional o espírito das festas dos nosos antepasados coas máis modernas técnicas de elaboración e venda aplicables a este sector que nos últimos anos sofre un despegue non visto en ningunha outra zona de produción vitivinícola", reza na páxina web do Concello de Chantada.