Guillermo Campos coa mesa de Honra |
Máis de 300 persoas déronse cita no Auditorio do Carballiño con motivo da Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia, cuxa convocatoria recupera HOSTALERIA Galega GASTRONOMÍA & TURISMO, revista especializada, decana e hexemónica na Eurorrexión, no ámeto da gastronomía, turismo e vectores concomitantes.
Foi este un encontro intersectorial emotivo e de recoñecemento aos produtos e produtores de calidade do cuadrante noroeste peninsular, netamente profesional e intersectorial, sin representacións políticas, agás do alcalde da localidade, Francisco Fumega, que pechou o acto.
A Gala, que desde a súa inicial edición en 1999 converteuse na primeira cita intersectorial de Galicia cunha asistencia media próxima aos setecentos participantes profesionais, centrouse nesta continu
ación, nunha escenificación e recoñecemento, precisamente, aos produtos e as súas empresas e entes sectoriais representativos, que acertaron a aguantar a crise sen menoscabo da excelencia nas súas elaboracións.
ación, nunha escenificación e recoñecemento, precisamente, aos produtos e as súas empresas e entes sectoriais representativos, que acertaron a aguantar a crise sen menoscabo da excelencia nas súas elaboracións.
O baremo desta calidade sostida outórgano os podios resultantes das Catas Transfronteirizas e demais comparativas que a propia revista foi convocando ao longo do quinquenio 2013- 2017 (período sen convocatoria entre galas, e por tanto sen proclamación de distincións) sobre os mellores produtos de mercado e en cada momento, tanto no sector dos viños, como das conservas, os queixos, os aceites, os destilados, as chacinas, os cafés, as cervexas, entre outros, tanto comercializados en Galicia como no resto da península ibérica.
Entregaron as certiciacións dos diferentes podios Nemesio Barxa, presidente da Iramdade dos Viños Galegos; Sofia Prieto, experta en café; Pedro Villamarín, vicepresidente da Asociación Galega de Sumilleres; Luis Buitrón, presidente da Asociación Galega de Enólogos; Paco Bobadilla, presidente da Academia Galega de Gastronomía; Carmen Alvite, docente de formación hostelera; Joôo Guterres, prescriptor de viños en Portugal; José Antonio Rivera, cociñeiro e delegado de Eurotoques en Galicia; Juan Centeno, experto en queixos e investigador da Universisad de Vigo, así como Guillermo Campos y Victoriano Castro, da revista HG&T.
Ao estrado subiron para recoller as diferentes actas, Cesáreo Pardal, secretario de Clúster de Turismo de Galicia; David Pascual, vicepresidente dos enólogos galegos; Ovidio Fernández, representante de Cehosga; Alfredo Castrelo, da Asociaicón de Restaurantes Xantares; Marta Aymerich, responsable de marketing de Anfaco; Óscar García, de Cash Record; Juan Vázquez, presidente do Clúster Alimentario; Miguel Freire, director de Cahs IFA; Adolfo Campos, vicepresidente de Asogacarne; J.A. García, da Asociación de Productores de Aceite de Oliva de Galicia e Cristina Codesido, de Vermutería de Galicia.
Tamén subiron ao estrado para recoller as actas dos podios nas súas respectivas denominacións os presidentes dos consellos reguladores de Valdeorras, José Luis García Pando; Monterrei, Lara Da Silva, e do Ribeiro, Juan Casares; ademais dos vicepresidentes de Ribeira Sacra, César Rodríguez e Julio Reboredo, de Rías Baixas; e os das DOP dos Queixos, Xosé Luis Carreira (Arzúa-Ulloa); Javier Sampayo (Queixo-Tetilla); Daniel Pérez (San Simón da Costa) e Enrque Fernández (Cebreiro).
No acto, conducido por Guillermo Campos, director-fundador de HG&T, e María Campos, directora de comunicación da revista, estiveron presentes representacións do ámeto turístico e gastroalimentantio como Enrique Costas, de Terras Gauda; Xavier Zas, de Condes de Albarei; Javier Álvarez, de Mar de Frades; Iván Gómez, de Regina Viarum e Altos de Torona; Evaristo Rodríguez, de Abadía da Cova; Antonio Méndez, de Señorío de Rubiós; José Antonio Gómez, de González Byass; o s adegueiros e adegueiras Emilio Rojo, Mónica Albor, Xiana e Pio Domíguez; Aroa Rojo, Santiago Roma, Bejamín Míguez ou Julio Quiroga, de Lar de Ricobao, entre outos moitos.
A hostalaría tamén se deu cita no acto convocado por HG&T. entre outros, Féliz Álvarez, director do Hotel Los Abetos; Servando Garrido, do Bosquemar, Javier Outomuro, de A Taberna; xornalistas como José Ramón Pousa, Antón Alonso, Antonio Blanco e Gabino Porto; ou representantes do segmento dos equipamentos como Carlos Yáñez, de Fagor; Antonio Domíngez de Equip Hotel ou José Luis Vilanova.
O encotnro concluiu cun viño español no que os asistentes brindaron con produtos galegos aportados polo Inorde (xamón, chourizo, salchichón e lombo de Porco Celta), Queixos das DOP Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e Queixo-Tetilla; viños brancos e tintos da D.O. Ribeiro e pan da IXP Pan de Cea.