Tras varios anos de tramitación, a Indicación Xeográfica
Protexida (IXP) Ribeiras do Morrazo é por fin unha realidade tralo visto bo
recibido por Bruselas. Un paso fundamental para unha zona de gran potencial,
que facilitará a comercialización das bodegas existentes e de seguro propiciará
a aparición doutras novas.
Falamos con Guillermo Martínez, propietario da bodega “Os
Areeiros” de Vilaboa e un dos impulsores da IXP, que non perde o tempo e xa
comezou a embotellar a primeira vendimia que comercializará coa nova marca.
Guillermo, ¿qué supón
para as bodegas da zona a aprobación desta nova IXP?
Pois isto supón moito porque antes só podíamos vender como
viño branco un produto de primeira calidade como o Albariño, incluso Albariños
con recoñecementos como o Baco de Ouro etc… Agora sí podemos poñer a tirilla,
podemos poñer a variedade albariña, ou caíño… Mencionar na etiqueta a variedade
que leve. Eso é un salto cualitativo moi importante, temos as portas abertas,
antes tiñamos portas no campo.
Entendo que abrirá
portas sobre todo a nivel de comercialización nacional ou incluso
internacional.
A verdade é que sí. Antes vendíaselle simplemente ao veciño
do lado, o bar de turno e pouca cousa máis. Ahora podemos ter o acceso á liña
secundaria de distribución que é moi importante, a través de
distribuidores… Ahí xa tes un campo
moito máis aberto para poder competir no mercado.
¿Qué volume de viño se
pode producir baixo a nova IXP?
Iso agora é un pouco relativo. Aquí en Vilaboa concretamente
xa hai quizás un 70% de viñedo en condicións óptimas de estar na IXP. E despois
na zona da IXP que é Península do Morrazo, Redondela, Pontevedra e Poio hai xa
moito feito. Pero tamén queda moito por facer, os rexistros vitícolas están
como están… Por iso é moi importante que
cada viticultor intente activar o seu e que a consellería vexa como están as
súas propiedades.
En todo caso, as
bodegas máis grandes xa estades comezando a embotellar.
É moi importante, os anos que levamos perdidos son moitos e
agora mesmo cada día é vital. É moi importante comezar a posicionarse de cara á
tempada de verán. Eu persoalmente tamén me quedei sen viño da colleita pasada
e entón preciso embotellar, os clientes que tiña xa o están demandando.
¿Cando comezaremos a
ver o viño etiquetado coa nova IXP nas mesas?
Pois xa, incluso a partir de hoxe!
E para que non os
coñeza, ¿cómo son os viños desta zona?
Aquí a climatoloxía, o terruño e a cepa son moi similares á
da D.O. Rías Baixas. Estamos no corazón das Rías Baixas así que as diferencias son
poucas. As únicas que pode haber é en función de que sexa un terreno máis
profundo ou menos profundo, eso e o ph da terra. Este concretamente é un viño
limpio, franco, moi potente en aromas.