O Auditorio do Carballiño acollerá o martes
20 de marzo (17,45 h.) a Gala do Turismo e
a Gastronomía de Galicia, cuxa convocatoria
recupera HOSTALERIA Galega GASTRONOMÍA&TURISMO, a revista
especializada hexemónica na Eurorrexión, xunto coa proclamación dos
PREMIOS HGg& T, despois dun quinquenio no que, dada a situación
de crise económica nas empresas, desacelerou celebracións e
gasto. HGg& T foi fundada en 1995 polo divulgador e
xornalista especializado Guillermo Campos, mantendo a súa edición ininterrompida
ao longo deste cuarto de século no que propiciou innovadores eventos
promocionais das profesións hostaleiras (cociñeiros, sumilleres,
maitres, entre outras) e o turismo de proximidade, especialmente..
A Gala, que desde a súa inicial edición en 1999
converteuse na primeira cita intersectorial de Galicia cunha
asistencia media próxima aos setecentos participantes profesionais, centrarase
nesta continuación, nunha escenificación e recoñecemento, precisamente, aos
produtos e as súas empresas e entes sectoriais representativos, que acertaron a
aguantar a crise sen menoscabo da excelencia nas súas elaboracións.
O baremo desta calidade sostida outórgano os podios
resultantes das Catas Transfronteirizas e demais comparativas que a
propia revista foi convocando ao longo do quinquenio 2013- 2017 (período sen
convocatoria entre galas, e por tanto sen proclamación de distincións) sobre os
mellores produtos de mercado e en cada momento, tanto no sector dos viños, como
das conservas, os queixos, os aceites, os destilados, as chacinas,
os cafés, as cervexas, entre outros, tanto comercializados en
Galicia como no resto da península ibérica. Tamén se contemplaron destinos de
interese para o viaxeiro.
Máis de trescentas marcas IBÉRICAS obtiveron
puntuacións equivalentes ao ouro, prata e bronce, ou o que é o mesmo, máis de
trescentas etiquetas mereceron as mellores cualificacións dos paneis de cata ao
longo das sucesivas convocatorias, un exame brillantemente superado sobre uns
mil produtos analizados organolépticamente.
A Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia será, de
novo, o gran e maior punto de encontro intersectorial entre os
subsectores que ofrecen e demandan os produtos de consumo e negocio,
principalmente no sector hostaleiro e distribuidor. Unha porcentaxe
representativa deses produtos constituirán a degustación que seguirá á
cerimonia de entrega de certificacións dos premios outorgados polos paneis das
Catas HGg& T, para cuxa solvencia técnica, a revista conta coa
colaboración das asociacións de catadoras, enólogos, as universidades e outros
expertos.