Medio Rural en disposición de apoiar Asociación de Produtores de Aceite e Oliva de Galicia


A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse cos responsables da Asociación de A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse hoxe cos responsables da
Asociación de Produtores de Aceite e Oliva de Galicia (APAG) para avanzar en diferentes liñas de colaboración con este colectivo. Entre elas, destacan as relacionadas coa promoción da diversificación dos cultivos e coa mobilización de terras agrarias, que constitúen dous piares das políticas da consellería para mellorar o agro galego.


A titular de Medio Rural amosou a vontade da Xunta de cooperar con esta asociación no fomento do cultivo das oliveiras na nosa comunidade. Neste sentido, valórase a posibilidade de levar a cabo un estudio polo miúdo para coñecer aspectos relacionados con estas plantacións, tales como os tipos de chan máis adecuados, as variedades que mellor se axeitan ás condicións de Galicia, as actuacións sobre plantación (abonos, encalados, fitosanitarios) ou a prevención de pragas e enfermidades. Este estudo serviría de apoio para impulsar e optimizar estas producións, apostando así por novos usos dos terreos agrarios e pola súa diversificación, co fin último de mellorar as rendas no agro e apoiar a fixación de poboación no rural.

A APAG creouse a finais de 2014 e actualmente aglutina un cento de asociados, que contan en total cunhas 115 hectáreas de cultivo en distintas zonas de Galicia e que suman máis de 130.000 oliveiras. Entre as súas actividades salientan a edición dunha guía de boas prácticas e a organización de cursos de cata, poda e encontros de carácter técnico. (APAG) para avanzar en diferentes liñas de colaboración con este colectivo. Entre elas, destacan as relacionadas coa promoción da diversificación dos cultivos e coa mobilización de terras agrarias, que constitúen dous piares das políticas da consellería para mellorar o agro galego.


A titular de Medio Rural amosou a vontade da Xunta de cooperar con esta asociación no fomento do cultivo das oliveiras na nosa comunidade. Neste sentido, valórase a posibilidade de levar a cabo un estudio polo miúdo para coñecer aspectos relacionados con estas plantacións, tales como os tipos de chan máis adecuados, as variedades que mellor se axeitan ás condicións de Galicia, as actuacións sobre plantación (abonos, encalados, fitosanitarios) ou a prevención de pragas e enfermidades. Este estudo serviría de apoio para impulsar e optimizar estas producións, apostando así por novos usos dos terreos agrarios e pola súa diversificación, co fin último de mellorar as rendas no agro e apoiar a fixación de poboación no rural.

A APAG creouse a finais de 2014 e actualmente aglutina un cento de asociados, que contan en total cunhas 115 hectáreas de cultivo en distintas zonas de Galicia e que suman máis de 130.000 oliveiras. Entre as súas actividades salientan a edición dunha guía de boas prácticas e a organización de cursos de cata, poda e encontros de carácter técnico.