Sada celebra do 27 ao 29 de abril a IX Festa da Xiba, una das citas gastronómicas relevantes da comarca na que os establecementos hostaleiros ensalzan un dos productos máis representativos da gastronomía sadense, como é a xiba, molusco cefalópodo tamén cahamado sepia ou choco noutras localidades.
Nesta edición, o Concello apostou por unha ruta gastronómica na que están incluidos máis de 80 establecementos da vila, animación musical, premios directos, e un concurso gastronómico no que participan 13 establecementos divididos en tres zonas do casco urbano.
Na zona da Praia: A Nosa Viña coa tapa Brazo de Xiba, La Esquinita con Guiso de Xiba, Mesón Costa da Morte con Xiba Costa da Morte, A Marola con Xiba en Arroz Caldoso e Sada Bay con Croqueta de Xiba.
Na zona Centro: A Lagoa con Xiba na súa tinta, Antoxos con Nido de Xiba, Leo´s con Xiba en tarteira e Rincón de Burgos con Tartar de Xiba con garabanzos e cruxinte.
Na zona do Porto: Covandaca con A Perla das Mariñas, El Canalla con Molete de xiba en tinta con alioli de aguacate, Mesón Nordeste con Albondigas de xiba e Ría de Sada con Xiba en salsa de albariño e langostinos.
Sada, situada na ría de Betanzos, dista uns 20 km da cidade da Coruña. Trátase dunha fermosa vila costeira que ten na pesca e o turismo as súas principais actividades económicas. Favorecida por un clima atlántico, posúe as características propias da costa noroeste galega: suavidade de temperaturas e pouca oscilación térmica, ao que se suma a agradable temperatura media das augas da ría, permitindo a práctica de diversas actividades náuticas durante todo o ano.