Un total de 86 empresas galegas do sector agroalimentari están presentes a Alimentaria amparadas pola Xunta, nunha cita na que os organizadores da feira prevén uns 140.000 visitantes. Galicia ten presencia no pavillón do sector cárnico (Intercarn) con oito empresas, no de leite (Interlact) con sete compañías e con outras dez empresas diferentes pertencentes a outros ámbitos como a castaña, a pataca e a faba (no pavillón Multi Foods).
Hai tamén un espazo reservado para os negocios certificados como agricultura ecolóxica (Intereco) que conta con outras seis firmas galegas. E no mundo do viño, Galicia está presente a través das súas cinco denominacións de orixe no espazo Intervín. Tamén o mar está representando con outras 31 compañías do mundo da pesca, dos conxelados e da conserva.